Conversas na Ferrería #228: Eurovisión 2024

Conversas na Ferrería #228: Eurovisión 2024

Mér | 18:00 | 19:29

Este xoves 7 terá lugar en Malmö, Suecia, a segunda semifinal do Festival de Eurovisión que levará ao sábado coa gala final. O pasado martes foi a primeira semifinal. Escasas horas antes reuníanse os expertos eurofans. Paula Suárez, Luis Miguel Alonso, Daniel Seijo e Antón Prieto volveron demostrar neste faladoiro o seu incuestionable nivel sobre este Festival.

Nebulossa con 'Zorra' non cren que alcance os primeiros postos pero algo é unánime, a todos gústalles. O seu gran valor é a letra, pero ao estar en castelán, esa forza e trasgresión que quere transmitir pode pasar desapercibida nas votacións. Con todo, a posta en escena que levan está a facerlles gañar puntos nestes últimos días, lembran. As súas preferencias e as súas apostas non se equivocan (lembramos que en 2023 deron cos primeiros clasificados: Suecia e Finlandia). Para este 2024, que están máis abertos os resultados, tamén se mollan e nas súas quinielas están: Croacia, Suíza e Países Baixos para Luis Miguel; Paula aposta un resultado final con Croacia, Ucraína e Italia; para AntónCroacia, Francia e Italia; e Dani considera que estarán a pelexar nos primeiros postos Croacia, Suíza e Francia.

Foto: Mónica Patxot

Conversas na Ferrería

 Todo é susceptible de charla. Ti tamén podes ser parte

Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Xov | 21:00 | 21:50

Noemí Blas é presidenta da escuadra feminina  Buxa Motor Poio. Mar Piñeiro é xerente de Autocares Viuda e Cándido. Silvia García é decana de la Facultad de Bellas Artes.  Ana Belén Rial traballa na empresa Ferrovial - Cespa Servicios.

Descargar
Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Xov | 21:00 | 22:03

As Conversas na Ferrería miraron esta semana aos 15 anos que se cumpren estes días do naufraxio e posterior afundimento do Prestige, dando lugar á catástrofe ambiental que provocaron as miles de toneladas que albergaba nas súas adegas.

Descargar
Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Xov | 21:00 | 22:00

Conversas na Ferrería reúne cinco perspectivas sobre a maternidade subrogada: unha empresa que pon en contacto parellas e clínicas médicas; un xinecólogo, unha feminista, un pai adoptante e unha antropóloga experta en reprodución, adopción e subrogación.

Descargar
Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Xov | 21:00 | 21:45

O cloruro de etilo é un composto que levan diversos "sprays fríos" que se utilizan en mediciña deportiva como anestésico local tras unha lesión. Detectouse en farmacias de Pontevedra que estes medicamentos rexistraron un aumento de demanda, por parte dos mozos, que os utilizan como sustancia dopante inhalándoos.

Descargar
Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico

Xov | 21:00 | 21:43

As previsións para o sector turístico en Pontevedra e por extensión en Galicia, avanzan un bo verán para o sector. Chequeamos con tres representantes do  mesmo estas perspectivas, así como os avances conseguidos e retos pendentes no turismo e a hostalería de Pontevedra.

Descargar
Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico
Fechar