Manuel Alfonso Estévez
Santos, un vocalista irrepetible en Pontevedra
Os anos sesenta foron os mais prolíficos en número de orquestras, conxuntos e Bandas de Música. En Galicia, o país das mil e unha festas, cada pobo ou aldea celebra o seu patrón con máis intensidade chegado o verán. Unha comisión ou mordomo contrataba as formacións musicais para amenizar os bailes e verbenas do lugar, rivalizando cos pobos limítrofes.
Naquelas datas, durante a celebración dos Carnavales, no triángulo sur galaico e mais concretamente en O Rosal, os veciños de Fornelos e Novás presentaban durante unha sesión vermú, mesmo diante do Concello, cadanseu aposta, actuando alternativamente. A Gran Casino era unha das formacións máis solicitadas no Baixo Miño, incluso desde lugares cercanos as Comisións desprazábanse á cidade do Lérez, ata o Bar Gloria, a poucos metros do Teatro Principal, un referente do gremio dos músicos, para asinar o contrato co director.
O vocalista durante máis dunha década, a dos anos sesenta, Celso Santos, un dos históricos da provincia, incluso chegou a compartir palco con María Xesús Romero, a primeira voz femenina nas orquestras galegas. Dérase a coñecer en 1959, con Estrellas do Jazz, elenco máis xove de España.
Once compoñentes e a inconfundible voz daquel mozo, que tivera como berce o lugar A Devesa en terras de Soutomaior. E se na Gran Casino destacaba con temas de Nino Bravo, aquí sobresaía cando interpretaba “Granada”. Diosiño, un mito do acordeón e fundador da Orquestra Florida, aconsellou a Santos montar un conxunto, e así foi como saíron á luz Los Supremos, no Hotel Universo da capital do Lérez. Manolo “Lapexo” na batería, Joaquín, natural de Marín, nos teclados, Castillo de Redondela, baixista, Manolo Cuevas de Ponteareas, guitarra, e Celso Santos, ademais da súa inconfundible voz, frauta e tenor.
Foi unha época dorada para o conxunto, que viñan a contratar a Galicia empresarios de Suiza, para actuar en bailes para emigrantes, chegando a compartir sala con Xulio Iglesias en Xinebra. Non esquecendo aquela outra festa onde coincidiron con Miguel Ríos en Vilagarcía de Arousa.
Casou no ano 1961 en Pontesampaio e, nos mesmos días, afincouse na Vila dos Viaductos, onde dirixiu a Coral Polifónica Santiago Apóstol, dende a súa fundación no ano 1972. Celso Santos, frauta, foi subdirector da Banda de Música de Pontevedra, cando a dirixía o inesquecible Antonio Moldes, e desde 1987 é batuta titular da Cultural de Arcade, no seu berce natal, o abrigo do Balcón da Peneda. Toda unha vida dedicada ao que máis sente: a música.