Unha motocicleta atropela dúas mulleres nun paso de peóns da Avenida Porteliña
Por Diego Espiño
Dúas mulleres, de 80 e 52 anos de idade, resultaron feridas este sábado tras ser atropeladas por unha motocicleta cando cruzaban un paso de peóns en Poio.
O suceso produciuse pouco despois das 16.00 horas da tarde na Avenida Porteliña, na PO-308.
As dúas mulleres foron atendidas no punto e trasladadas por unha ambulancia do 061 con prognóstico leve, segundo información da Policía Local.
Todo apunta a que as vítimas estaban a cruzar en verde cando deron a volta poñendo o semáforo que regula o paso de peóns en vermello.
Por ese motivo a policía municipal investiga agora as causas do atropelo, analizando a fase na que se atopaba o semáforo e tamén calculando a velocidade á que circulaba o vehículo implicado.