Unha veciña de Cambados e un neno de oito anos resultan feridos nunha saída de vía
Por Anxo Lourido
Investíganse as causas que provocaron un accidente que se rexistraba na tarde deste martes 7 de maio no municipio de Vilanova de Arousa.
Unha muller, de 49 anos, veciña de Cambados, circulaba cun neno de oito anos pola estrada de Cuiña - Cambados cara a Tremoedo, cando á altura da igrexa de Santo Estevo de Tremoedo perdía o control do vehículo.
O turismo impactaba frontalmente contra o enreixado dun lateral do camposanto, chegando a introducir a parte dianteira do vehículo no recinto.
Tanto a condutora como o menor de idade foron evacuados ao Hospital do Salnés con dor cervical e torácica.
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados desprazábase ata a zona en axuda das persoas implicadas.
Tamén se trasladaban axentes da Garda Civil de Tráfico, membros de Protección Civil de Vilanova e unha ambulancia do servizo do 061.
Relacionadas:
-
Excarceran a condutora dun turismo nun accidente na Illa da Toxa
Por Redacción |
-
A Garda Civil sorprende o condutor dun turismo de alta gama usando un dispositivo de detección de radar
Por Oskar Viéitez |
-
Ferido mentres realizaba tarefas agrícolas cun motocultor en Vilanova
Por Redacción |
-
Un octoxenario que circulaba en ciclomotor resulta ferido nun accidente en Cambados
Por Anxo Lourido |
-
Dúas persoas resultan feridas en Cambados ao saír da vía e impactar contra un poste da luz
Por Anxo Lourido |
-
Morre un traballador en Vilanova de Arousa tras quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira
Por Redacción |