Os donos dos chalés de Mar Tambo fían na reforma da Lei de Costas unha baza para evitar a derriba
Por Natalia Puga
A proxectada reforma da Lei de Costas de Galicia é a última esperanza á que se agarran os propietarios da urbanización Mar Tambo de Chancelas, na parroquia de Combarro (Poio), para evitar a derriba parcial de 8 dos 15 chalés.
"Sería vergoñento ver escavadoras levantando instalacións industriais novas como as de ENCE, e, ao outro lado da Ría, piquetas tirando casas para 'defender' o litoral", cuestiona Xose R. Cidrás, voceiro dos propietarios.
Así, entenden que esta petición de paralización da derriba "ten máis sentido agora coa nova reforma da Lei de Costas".
Estes propietarios levan anos protestando contra a proposta de derriba e agora, ante esta nova reforma da lei do litoral, acaban de solicitar unha reunión coa nova directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), María Victoria Núñez, para abordar a situación.
Os propietarios explican que piden esta reunión polo posible derribo parcial de vivendas da urbanización por posible invasión dos 100 metros da liña de costas e lembran que Mar Tambo conta coas licencias e permisos municipais e autonómicos.
Os propietarios entenden que "non somos responsables da posible invasión da liña dos 100 metros" y agardan que todo "se paralice pronto e non se continúe coa derriba", sobre todo cando xa se impuxeron multas coercitivas por un valor de máis de 400.000 euros.
Relacionadas:
-
Propietarios de Mar Tambo en Poio anuncian novas protestas contra a demolición parcial da urbanización
Por Redacción |
-
O construtor dos chalés de Mar de Tambo afirma que "soy víctima de la mala actuación de las tres administraciones"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O PP sinala ao goberno municipal como "únicos responsables" da situación dos chalés de Chancelas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Poio oponse á derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Redacción |
-
Piden ao Concello que organice unha mobilización veciñal contra a derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Oskar Viéitez |
-
Os propietarios dos chalés de "Mar Tambo" convocan unha protesta contra os desafiuzamentos
Por Oskar Viéitez |
-
Os afectados queren que as administracións asuman as súas responsabilidades pola derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Redacción |