Apertura de inscricións en Cuntis para a ludoteca Cuntilín Verán
Por Redacción
O Concello de Cuntis abrirá este luns 20 de maio o prazo de inscrición para a súa ludoteca infantil de verán, o Cuntilín Verán.
As solicitudes tramitaranse ata o 7 de xuño, inclusive, e poderán formalizarse a través da Sede Electrónica do Concello, ademais de presencialmente no rexistro municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas.
A documentación necesaria pode solicitarse nas dependencias da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ou en Servizos Sociais, así como por correo electrónico na dirección educacionfamiliar@concellodecuntis.es, podendo realizarse consultas de ser necesario nos teléfonos 986548005 ou 986185723.
O programa de conciliación desenvolverase no CPI Aurelio Marcelino Rey García entre o 24 de xuño e o 30 de agosto en horario de 8.00 a 14.00 horas.
Segundo avanza o goberno local o 13 de xuño darase a coñecer a listaxe final de admitidos.